24 feb 2016

A Lonxa


Gustounos moito a visita que fixemos á Lonxa. Á hora á que chegamos xa non quedaba peixe, pero Fernando, o noso guía, atopou algúns exemplares que puidemos observar. 
O que máis nos chamou a atención foi o forte olor a peixe que sentimos nada máis chegar. Unha vez dentro, limos un cartel que, entre outras cousas, informa de que está prohibido cuspir. Vimos tamén os carriños nos que se desprazan os traballadores, e sentimos o frío do xeo cando Fernando nos salpicou con el logo de amosarnos cómo caía dende un gran tubo pendurado do teito da nave.





2 comentarios:

Ana dijo...

A visita a Lonxa e outra das salidas que facedes que polo que parece lles encanta,polo menos a Alvaro que nos toleou todo o día contándonos a cantidade de ¨peixes raros¨que vira.E non che digo nada do super boli-linterna que lles deron,só nos falta durmir con el.

Colorines dijo...

Sí que lles gustou! Non perdades a linterna, que vola pediremos máis adiante para unha actividade con luz que estamos preparando.